Paseo “Bosques atlánticos e mediterráneos do Aloia” 26 de novembro, P.N. Monte Aloia (Tui)

Desde os pequenos bosques de sobreiras de orientación sur aos bosques ribeiregos plenos de pteridofitas e algunhas hepáticas foliáceas, salpican en encosta os bosquetes de carballos o chan mol.
Desde a vexetación casmofítica, pigmentada, colorista e variada enriba das penas, aos queirogais oceánicos e mediterráneos, moran no sollado do Aloia, manchas de acivros lustrosos.
Nestes intensos biotopos desenvólvese a vida. Macroinvertebrados, aves forestais, anfibios.
E as árbores do bosque na estrema entre a vixilia e o repouso, caen de sono, paseniño, na outonía.

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN, logo das fotografías.

INDICACIÓNS
Localización. Tui.
Data. 26 de novembro.
Lonxitude, 11km.
Dificultade. Baixa.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
INSCRICIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *