Paseo “Bosques do Corno do Bico” 17 de decembro (Paredes de Coura)

Diríxome a ese punto que descoñezo, transito pola antesala do bosque non-primixenio, cavilando no devalo das estacións e da vida. A luz decae e o meu ritmo circadiano azouta, boura en min coma nunca o fixo.

Afortunadamente, algunhas resisten e novamente, crean. Xa se precipitan as clorofilas verdes, xa acontecen os carotenoides e as xantofilas. Reflicte a luz no alto desde os toros abrancazados dos bidueiros lizgairos. As severas e solitarias faias salpican anacos da espesura, próximas ás carballeiras montanas que promoven o bulicio, a algarabía da vida.

E venturosa, a ollada esvara polas encostas, entre a disposición da ramallada fragosa, até pousar na curvatura do fondo dos vales.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN logo das fotografías

 

INDICACIÓNS
Data. 17 de decembro.
Lonxitude, 11km.
Dificultade. Baixa.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 17h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
INSCRICIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *