Paseo ‘As Lagoas de Bertiandos. O retiro dos bosques asolagados’ 18 de decembro, Ponte de Lima (Portugal)

Entre o río Lima e a Serra d’Arga, asomou Bertiandos. Alí, no paseo dos salgueiros negros, fura que fura o ar, percibimos un camiño. Lévanos aos pastos higrófilos, aos relevos da molinia, da abeloura e do buño. Á auga queda.

Proximas ao río, entre bidueiros abrancazados e seus grandes ollos vixilantes, na amplitude dos seus pequenos bosquetes, no tapiz das mentas de lobo, a intriga suspendeunos. Un instante, un momento; só un paso máis…Alí dentro, no seu bosque, asediáronme as imaxes da pradeira dos Asfodelos e dunha Perséfone encadeada aos infernos…

E mentres, con encanto e sentido,
A bubela petiscaba,
Os ferreiriños chiaban coa forza de decembro,
A ra ibérica non se movía,
E o mergullón pequeno, coqueto, nadaba.

INFORMACIÓN e TARIFAS, logo das fotografías

   

INDICACIÓNS
Lonxitude, 9km.
Dificultade. Baixa.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 17h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
O transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.
INSCRICIÓN[ninja_form id=54]Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou no correo-e info@faia.gl

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *