Paseo comentado “As herbas aromáticas de San Xoán” Budiño (O Porriño), 20 de xuño

Tal coma na aldea gala, en Budiño (O Porriño), nunha contorna fermosa, baixo a atalaia da mole granítica do Faro, as herbas medran ventureiras e contentes…

Alí, a cada paso aparecen o tormentelo, os poexos, o orxabán, a malva, a néboda, a herba madroa, o fiúncho, a matricaria, a falsa árnica, o ourego, os seoanes, a abeloura, o trovisco, a chantaxe, a herba dos carpinteiros, os estalotes, a camomila, o mentraste, a borraxa,..

E así, a acetilcolina da fase lunar nos proporcionará a sensibilidade necesaria para sucumbir ao solsticio de verán, as festas europeas do solsticio, aos seres preternaturais, ás fases lunares, a un mundo de números agochados tras a filosofía, a teoloxía, Pitágoras,..

Anímaste?
Tarifa e inscrición logo das fotografías

Localización. Budiño ( O Porriño)
Día, 20 de xuño
Hora de comezo, 16,30h
Hora de remate, 20h
-Traede un cesto para apañerdes plantas de San Xoán
Inscrición

[ninja_form id=9]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *