Paseo “A Serra d’Arga. A ecoloxía e xeografía montanas” 22 de decembro (Caminha)

“…E no perfil montañoso, esgrevio, entre o caos das rochas, ollamos domos de cúpula perfecta, pedras cabaleiras singulares. O vento asubía entre as diáclases e fendas das rochas.
Agochadiños, os pequechos camiños irregulares lévannos a escenas de bosquetes de carballos ou recantos de sobreiras na paisaxe encantadora.
En cambio, no planalto aberto e rugoso, as laxes dos camiños, envíannos ás charnecas e turbeiras de montaña. Esfagnos, uces e orballiñas.
Abaixo, acó, un socalco; acolá, as oliveiras. Unha grea de ovellas. E máis adiante, o abandono da vida. Ela, a vida, entre dores, morre devagar…devagariño”
Máis información e inscrición, logo das fotografías

INSCRICIÓN

-Tamén podes facer a inscrición en info@faia.gl ou ligando para o teléfono 686998706. A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental nun prazo máximo de 24h.
INDICACIÓNS
Lonxitude do paseo. 10km.
Dificultade. Baixa
Punto de encontro, Valença (10h-galegas). Desde alí, dirixirémonos nos coches ao comezo do paseo.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *