Paseo “A Serra da Groba. O Macizo atlántico do suroeste galego” 15 de outubro, Oia

Zona de transición entre dous mundos, a terra e auga, o gran macizo galego muda a súa horizontalidade e sucumbe ante a inmensidade do Atlántico.
Mais antes de que isto aconteza, deixa un ronsel de beneficios para a alma.
Por acó, transcorre o sapo dos esporóns, a píntega rabilonga, a estroza. Habitan as turbeiras de ‘esfagno, droseras e ciliaris´; as fermosas pradeiras lilas das ‘callunas’.
Prende a historia xeolóxica ao ollarmos a ruptura de Panxea e tamén nos fascina a variedade toponímica.
E acó e acolá, os cabalos ceibos e o rico legado que os arrodea antes de nos precitarmos en caída vertical cara ao seu mar.
INDICACIÓNS E INSCRICIÓN LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

INDICACIÓNS
Localización. Oia.
Data. 15 de outubro.
Lonxitude. 10 quilómetros.
Dificultade. Baixa.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 17h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
O transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.
INSCRICIÓN


Tamén podes facela no correo-e info@faia.gl ou ligando para o 686998706

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *