Paseo “A Serra d’Arga. Ecoloxía na envolvente do Mosteiro de S. João” 17 de Outubro (Caminha)

‘Na Serra d’Arga, nos altos das Penas e da Coroa, no perfil fragoso, montañoso, entre o caos das rochas e pedras cabaleiras o vento asubía entre as fendas das rochas polas súas diáclases.
Os camiños carreteiros recortan a serra e lévannos entre ribeiros a escenas de bosquetes de bidueiros no alto, ou a recantos coquetos de sobreiras e oliveiras nas navas da paisaxe encantadora, silandeira. E entre elas gardan a soidade significada do Mosteiro de S. João.’

INSCRICIÓN e INFORMACIÓN, logo das fotografías.

INSCRICIÓN[ninja_form id=28]-Tamén podes facer a inscrición en info@faia.gl ou ligando para o teléfono 686998706. A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
INDICACIÓNS
Lonxitude do paseo. 10km.
Dificultade. Baixa-moderada
Punto de encontro, Valença (10,15h-galegas). Desde alí, dirixirémonos nos coches ao comezo do paseo.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *