Paseo “A envolvente montaña do río Mouro” 22 de setembro, Monçao

“E así foi, que entre pradeiras de Agrostis e tapices da familia das Ericáceas, no chan laxeado, meu tempo melloraba. Vagar na paisaxe aberta de montaña. Sosego ante os suaves eolos. Mais a orientación norte énchese de carballeiras colinas-montanas, voluptuosas de breixos brancos, carballos, loureiros e acivros, e tupidas de hepáticas, briófitas e seixebras, preparadas e inmersas todas as especies no inicio deste novo outono.”

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

 

INDICACIÓNS
Data. 22 de setembro.
Lonxitude, 9km.
Dificultade. Baixa a moderada.
Hora de comezo. 11h.
Hora de remate. 17h, aproximadamente.
Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
INSCRICIÓN

A inscrición neste formulario será contestada por Faia nun prazo máximo de 12h. Se non se dese este caso, chama ao 686998706
Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl  indicando nome e apelidos, e a persoa ou persoas anotadas. Se tes dúbidas, liga para o teléfono 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *