Paseo ‘A Carvalheira de Abedim’ 11 de setembro (Monçao)
Desde o alto de Abedim, as carballeiras colino-montanas e o castelo roqueiro da Penha da Rainha axexan o fondo do val.
Nas valiñas, protexidas polo bosque fondo, as briófitas pinnadas dominan, tapizan o chan, mentres aínda reteñen unha porcentaxe limitada de auga, e maravalladas de acivros medran contentes e ventureiros. Nas congostras, o blechno suxeita as paredes térreas, na procura da chuvia ansiada. E acolá, no fondo, transita tranquilo e quedo o río Gadanha, entre várzeas e veigas…
INDICACIÓNS
–Lonxitude, 9km.
–Dificultade. Baixa.
–Hora de comezo. 11h.
–Hora de remate. 16,30h, aproximadamente.
–Xantar. Cadaquén levará o seu alimento.
O transporte realizarase en coches. Quen non teña, poida ou queira, pode sumarse a outros coches.
TARIFA E INSCRICIÓN[ninja_form id=45] -Tamén podes facer a inscrición en info@faia.gl ou ligando para o teléfono 686998706. A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.