Paseíños para peques ‘Volven os remotos anfibios!’ 26 de marzo, Parque Natural do Monte Aloia (Tui)

E na mañá fresca, a auga esvara e canea os seixos do rego.

O murmurio de seu é roto polo canto dos machos da ra verde. Mais pronto para o son.  Batuxaba a ra dos regos quen volve célere á beira mentres mergulla con mestría o limpafontes de fermoso ventre alaranxado intenso. Vai ao fondo. Hai pasos.

Os dentabrús incipientes, xa con grandes frondes, embelecen o rego, ateigado de follato nas súas beiras.

Acolá, agochadiña, baixo as lentellas de auga, aparece o suco laranxa dunha bela  femia marmorada. Bela!
Nas augas vivas, a escasa píntega rabilonga mantense nos cons do arroio, asediada pola corrente do torrente.

As grandes libeliñas sucan a auga, cara adiante, cara atrás. Os gaiteiros, cheos de cor, pousados nas follas dos dentabrús.

Ambientes efémeros

A INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

Localización. P.N. do Monte Aloia.
Lonxitude. 2km.
Data. 26 de marzo.
Idades. De 4 a 11 anos.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.
INSCRICIÓN[ninja_form id=64]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *