Paseíños para peques “Uns seres moi delicados, os húmidos e remotos anfibios!” 25 de marzo, P.N. Monte Aloia
–IDADES
4-12 anos (Deben ir coa súa unidade de convivencia)
–OBXECTIVOS
-Descubrimento e coñecemento das especies anfibias. Anuros e Urodelos/ápodos.
– Comportamento, morfoloxía (sexualidade), ciclo vital, respiración, alimentación, predación, ecosistemas e ameazas.
-Traballo de campo no caderno.
Máis información, logo das fotografías.
Indicacións
–Localización. Parque Natural do Monte Aloia.
–Data. Domingo, 25 de marzo.
–Lonxitude do paseo. 2,5km.
–Dificultade. Baixa.
–Hora de comezo. 10,30h.
–Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
–Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.
- Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 10€.
- Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 15€
- Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 17€
- No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 4€
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia dará un pequeno caderno que deberán traballar as unidades de convivencia. Levade bolígrafo, lapis e lapis de cores. Quen teña lupa, pode traela.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.