Paseíños para peques “Todos os sentidos no bosque de ribeira” 27 de xaneiro, Mondariz Balneario

Pasan frío ás árbores? Bidueiros lisos e carballos rugosos? Móvense as especies vexetais? Axúdanse unhas ás outras? Como o fan? Narcisos, cáncaros e luzulas na beira do río? Cales son os liques do bosque de ribeira? Agardan as ninfas das libeliñas na auga? Quen descompón as follas do chan? É a beleza dunha época da vida. O inverno. E o presentimento dunha chegada. A primavera.

Indicacións
-Localización. Mondariz Balneario.
-Data. Domingo, 27 de xaneiro.
-Lonxitude do paseo. 2,5km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-11 anos.
-Punto de encontro. Comunicarase na confirmación da inscrición.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 10€.
  • Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 15€
  • Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 17€
  • No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 4€A beleza do inverno; prepárase a vida para a primavera.Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 10€.
  • Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 15€
  • Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 17€
  • No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 4€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia dará un caderno que deberán traballar as unidades de convivencia. Levade bolígrafo, lapis e lapis de cores. Quen teña lupa, pode traela. Faia levará algunhas lupas.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *