Paseíños para peques. “Ranúnculos, narcisos, violas…Chega a primavera!” Mondariz Balneario, 6 de marzo

Lupa en man, e a ollarmos minuciosamente a flor.
Un ranúnculo! imos contar os estames! Antera-filamento.
Un xacinto! E acolá..unha viola! Imos contar os sépalos! De que cor ten os pétalos? Pétalos-tépalos-sépalos…hummm..
A ver, a ver….estilete, ovario, estigma…

E xa está. A agardar ás abellas, aos paxaros. Ao vento, á auga,..ás bolboretas..

Caderno e  lapis de cores na outra man, e debuxamos a flor da que máis gustamos.

E eses seres que se expanden e colonizan a madeira, a pedra e fan suntuoso e belo ao bosque? Verdes, non-tan-verdes. Amarelos, gomosos, filamentosos. Húmidos, foliáceos, frescos. Apertados, barbudos, suspendidos, atraíntes,…Son liques. Son brións

Será en Mondariz Balneario, na beira do voluminoso Tea, do coqueto Xabriña.

Anímadesvos?
Máis indicacións ao remate das fotografías.



Indicacións

-Levade lupa, caderno e varios lapis de cores. Darásevos unha pequena ficha coas partes dunha flor.
-Localización. Mondariz Balneario.
-Data. Domingo, 6 de marzo.
-Lonxitude do paseo. 3km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-12 anos.
-Obxectivos. Descubrimento e coñecemento de flores. Os liques e os brións. Percepción do ecosistema río, lecer.
-Punto de encontro. Xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario, 10h-10,15h.
-Hora de comezo. 10,15h.
-Hora de remate. 13h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia dunha menor mais nai/ pai ou titora legal, 7€.
  • Unidade de convivencia de dúas menores mais nai/ pai ou titora legal, 12€
  • Unidade de convivencia de tres menores mais nai/ pai ou titora legal, 16€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Formaliza a túa inscricón neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *