Paseíños para peques. “As plantas aromáticas…Chega o solsticio de verán! 5 de xuño, Vigo

Tormentelo. néboda, ruda, xarxa.

Madroa, falsa árnica, estralote.

Poexo, menta brava.

Hortelán, hortelán, hortelán….

Verde, rosa, amarelapálida.

Verde intensa. Verde apagada.

Moita flor. Pouca folla.

Olor, olor, olor.

Lila, viola, vermella.

Ramallete, cespitosa,

Anímaste?


Indicacións
-Localización. Vigo.
-Data. Domingo, 12 de xuño
-Lonxitude do paseo. 2km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-12 anos.
-Obxectivos. Descubrimento e coñecemento das plantas aromáticas, ventureiras e cultivadas.
-Hora de comezo. 10,15h.
-Hora de remate. 13h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia. 1 menor mais nai, pai ou titora legal, 7€.
  • Unidade de convivencia. 2 menores mais nai, pai ou titora legal, 12€
  • Unidade de convivencia. 3 menores mais nai, pai ou titora legal, 16€
  • No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 5€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Levade caderno e bolígrafo. Faia dará unha ficha sobre as plantas aromáticas que deberán traballar as unidades de convivencia.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *