Paseíños para peques. “As bolboretas e outros seres diminutos!” 21 de maio, Parque Natural do Monte Aloia
Un mundo de cores, formas, costumes, alimentación… diferente, estraño, abraiante…O cosmos das bolboretas e doutros seres diminutos; outro movemento e outro tempo; son…os ecosistemas paralelos…
Aprenderemos isto con Paula quen tamén nos ensinará as diferentes fases polas que pasan as bolboretas ou como as criarmos…
Anímaste?
Indicacións
-Localización. Parque Natural do Monte Aloia
-Data. Sábado, 21 de maio.
-Lonxitude do percorrido. 3 Km
-Dificultade. Baixa.
-Hora de comezo. 16h.
-Hora de remate. 19h, aproximadamente.
-Idades. 4-12 anos.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.
- Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 7€.
- Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 12€
- Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 16€
- No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 5€
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Levade caderno e bolígrafo. Faia dará unhas fichas sobre as bolboretas que deberán traballar as unidades de convivencia.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.