Faia Educación Ambiental

Paseíños para peques “Exploramos os sentidos no Xabriña” 7 de xuño, Paraños (Covelo)

No Xabriña, ás veces acontecen sucesos que perduran no tempo. Será alí, no seu fermoso bosque atlántico, onde as persoíñas discernirán as texturas das cortizas, os aromas e cores das especies, as formas das follas, os portes das árbores.

Haberá tempo para a arte e a poesía das persoas miúdas no medio, e así xilbarbeira, bidueiro, sanguiño, amieiro, loureiro e abelaira, viola e arenaria estarán agradecidas de tan curiosa compañía.

Máis información e inscrición, logo das fotografías.

 

-Localización. Paraños (Covelo)
-Data. 7 de xuño.
-Lonxitude do percorrido. 2 km.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia dará un caderno que deberán traballar as unidades de convivencia. Levade bolígrafo, lapis e lapis de cores. Quen teña lupa, pode traela.
-Idades, 4-11 anos
INSCRICIÓN. (A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental)
Dadas as limitacións do número de persoas (<20), excepcionalmente nesta ocasión, acompañará  á persoa pequecha a nai ou o pai.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *