Paseíños para peques ‘No Samaín, hibernan os castiñeiros’ 23 de outubro, Monte Vixiador (Candeán, Vigo)
‘Devagar entra a humidade. No devalo dos froitos, no fin do ciclo, no comezo da soidade, cae o ourizo. Unha folla treme. Ten frío o castiñeiro; máis cedo que tarde, descompón a clorofila..rápido rápido. Colapsa o pecíolo. E así, unha folla se prepara e esvaece. Deita enriba do amarelo pardo dunha andoa e a carón do vermello intenso dun morote. Prende, daquela, a lentura da terra.’
–Localización. Candeán (Vigo). As persoas anotadas recibirán información sobre o punto de encontro.
–Lonxitude. 1,5km.
–Data. 23 de outubro.
–Idades. De 4 a 10 anos.
–Obxectivos. Os soutos, a hibernación das árbores, os pigmentos, a simboloxía do outono, o fin das colleitas, a comunicación das árbores.
–Hora de comezo. 10,30h.
–Hora de remate. 13,15h.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.
INSCRICIÓN