“Paseíños para peques. Narcisos, panqueixos, violas,…A descuberta das flores!”Imaxes

As flores.

Hai mundos paralelos, universos minúsculos, espazos descoñecidos. E eu hoxe, non teño présa. Paseo. Párome. Sedúcenme as cores, os olores, as formas. E o seu tamaño xa non me condiciona.
Coa lupa, introdúzome na flor. Estou nela.
Aterra unha abella. Observo coma pole toca o estigma e imaxino coma o tubo polínico chega ao ovario. Gameto e gameto.
Percibo a curvatura sensual e perfecta do talo do narcissus triandrus. O reducido espazo dos fermosos amarelles. Noto os pétalos doces e perfumados do panqueixo, esa deliciosa flor.
Óvulo-semente, ovario-froito. Caen ao chan. E comeza o ciclo. Unha nova planta. Unha nova, forte,…e fermosa flor.
E logo volvo á vida doméstica. Mais, xa no meu maxín está a grande abella, tamén a complexa flor.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará