Paseíños para peques, “Na outonía, hibernan os benévolos castiñeiros” 22 de outubro, Monte Vixiador (Candeán, Vigo)

‘Devagar entra a humidade. No devalo dos froitos, na fin do ciclo, comeza a soidade,  cae o ourizo.
Unha folla treme. Ten frío o castiñeiro; máis cedo que tarde, descompón a clorofila…rápido rápido. Colapsa o pecíolo. E así, unha folla se prepara e esvaece. Deita enriba do amarelo pardo dunha andoa, e a carón do vermello intenso dun morote. E xa vai prendendo a lentura da terra…’

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS

Localización. Candeán (Vigo). As persoas anotadas recibirán información sobre o punto de encontro.
Lonxitude. 1,5km.
Data. 22 de outubro.
Idades. De 4 a 10 anos.
Obxectivos. Os soutos, a hibernación das árbores, os pigmentos, a simboloxía do outono, o fin das colleitas.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.
INSCRICIÓN

Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *