Paseíños para peques “Liques, fentos e brións, que seres tan estraños!” Mondariz Balneario, 12 de febreiro
As insólitas e variopintas formas dos liques e as súas cores intensas e doces que contrastan nos bosques… Que comerán? Por que aquel pendura da árbore? E este parece un fungo… Algas? Como algas?….
Olla a aqueles. Son brións. Semella que aman ás pedras e as árbores, e os seus tapices, as súas almofadas moles, responsábeis tamén da frescura dos nosos bosques, prenden a nosa atencion e enchen de ledicia a calquera persoa. Non flores, si esporas..
Agora coa lupa, observamos o amarelo tan intenso dos soros en liñas paralelas que contrastan co verde do fento das pedras. Sempre colonizando ambientes sombrizos…
E así aparecerán a fronde, a pinna, o dentabrú, a espora, a alga, o fungo, o esfagno, o soro, o dentabrú, a fenta, a planta vascular, parmelia, usnea,…
Impacto, beleza e valor ecolóxico.
Imos descubrilos…, anímadesvos?
-Localización. Mondariz Balneario.
-Data. Domingo, 12 de febreiro.
-Lonxitude do paseo. 3km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-12 anos.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización, os cadernos e o seguro de responsabilidade civil.
- Unidade de convivencia. 1 menor mais 2 pesoas adultas, 10€.
- Unidade de convivencia. 2 menores mais 2 persoas adultas, 14€
- Unidade de convivencia. 3 menores mais 2 persoas adultas, 17€
- No caso de que a unidade de convivencia supere o número de adultas (2) a terceira persoa adulta tarifará 4€
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia repartirá pequenos cadernos que poderán traballar as unidades de convivencia durante o percorrido e nas súas casas.
-Tamén levaremos lupas para a observación de liques, brións, os soros dos fentos ou de calquera continxencia que apareza.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.