Paseíños para peques “Entre liques, brións e fentos dos nosos bosques!” 9 de febreiro (Mondariz Balneario)

Enchouparon os brións, antes case secos agora ben enchidiños, mulidiños. Brandos e esponxosos. Redondos.
Observámolos con curiosidade…Introducimos fraxilmente a man entre a súa almofadiña mol. Tocamos filoide, cauloide, rizoide. Chegamos á terra.
Brións estrelados, brións peiteados. A folla caduca do carballo caeu liviá, lixeira, inestábel; agora, convértese en humus.
As fentiñas dos noiros dos camiños, molladiñas de necesidade, comezan a turxencia.
Os fermosos liques amarelos, vermellos, ocres, grisallos, verdes, verdeazulados…; ás veces, semellan pequenas árbores, ás veces flores. Algúns, barbudiños; aqueles tan finos como a area máis minúscula; e hainos que parecen follas. E así, foliáceos, fruticulosos, compostos, escuamulosos…..sobre pedra, madeira, brión…nunca pasan desapercibidos e convértense na alegría dos nosos bosques.
Máis información no remate das fotografías

Localización. Mondariz Balneario
Lonxitude. 1,5km.
Data. 9 de febreiro.
Idades. De 4 a 11 anos.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.
INSCRICIÓN

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *