Paseíños para peques. “Paseando polo Tea, en Mondariz Balneario, descubrimos flores, plantas e árbores dos nosos ríos” 12 de abril

Mondariz Balneario. Un día de primavera.
Pola beira do Tea, un paso, logo outro…e outro.
Paramos.
Á dereita, unha ramallada arbórea impenetrábel. A esquerda, o río. Está calmo, tranquilo.
As augas, baixan paseniño cara ao Miño.
Aparece unha cadela, enreda con nós; está contente e nós, tamén; acariñámola…como eeenreeda!
Seguimos e baixamos a mirada.
No chan areeiro, de febreiromarzoabril, narcisos a rentes da auga..; as violas xuntiñas-xuntiñas no chan follasqueiro; nas pociñas, lameiriñas xugosas sempreverdes. Ese panqueixo que o comía todo, todo, todo; son tan fermosos! Ai meu xacinto! Tes detrás unha historia tan tristeira! E di a arenaria -Quererán as cativas coñecernos? Hummmm, eu quero!, quero!, quero!

Indicacións
-Localización. Mondariz Balneario.
-Data. Domingo, 12 de abril.
-Lonxitude do paseo. 3km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-12 anos.
-Obxectivos. Descubrimento e coñecemento de flores, plantas e árbores dos ríos, percepción do ecosistema río, lecer.
–Punto de encontro. Xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario, 10,15h.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia dunha menor mais nai/ pai ou titora legal, 7€.
  • Unidade de convivencia de dúas menores mais nai/ pai ou titora legal, 11€
  • Unidade de convivencia de tres menores mais nai/ pai ou titora legal, 15€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Levade caderno e bolígrafo.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
-Data límite de inscrición, 11 de abril.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *