Paseíños para peques “Dormen os nosos bosques no inverno?” Parque Natural do Monte Aloia (Tui), 22 de xaneiro

E chegou o Inverno. Aterecía de frío. Entre as nubes algodoeiras ningún outro paxaro me acompañaba. Vía abaixo niños ao descuberto. Estarán os ferreiriños nos amieiros? E os carrizos? As papuxiñas entre as pereiras bravas?
Desde o alto, salientaban os liques de pigmentos vermellos, laranxas, glaucos, pendurados das pólas; outros adosados. As árbores, sen follas, latexaban. Algún carábido despistado. Alí, un capricornio. Os brións recreábanse na súa turxencia, enchidos de clorofila na protección ocre dos taninos das follas. Mais prendía en min o frío, xa intenso. Baixei obrigada un pouquechiño. Uns metros máis…e pousei no brión da mañá. Alí mesmo, entre o fermoso esfagno, chegou para min o silencio…E así, dorme a carballeira no inverno.
TARIFAS, INDICACIÓNS E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.

Localización. P.N. Monte Aloia
Lonxitude. 1,5km.
Data. 22 de xaneiro.
Idades. De 4 a 10 anos.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.[ninja_form id=60]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *