Paseíños para peques “Dormen os nosos bosques no inverno?” 19 de xaneiro, Parque Natural do Monte Aloia (Tui)

E chegou o Inverno. Aterecía de frío. Entre as nubes algodoeiras ningún outro paxaro o acompañaba. Vía abaixo niños ao descuberto. Estarán os ferreiriños nos amieiros? E os carrizos naquela silveira? As papuxiñas entre as pereiras bravas?
Desde o alto, salientaban os liques de pigmentos vermellos, laranxas, glaucos. Uns, pendurados das pólas; outros adosados. As árbores, sen follas, latexaban. Algún carábido despistado. Alí, un capricornio. Os brións recreábanse na súa turxencia, enchidos de auga e clorofila. Mais prendía o frío, xa intenso. Baixou obrigado un pouquechiño. Uns metros máis…e pousa no brión da mañá. Alí mesmo, entre o fermoso esfagno, chegou para el o silencio…E así, dorme a carballeira no inverno.
TARIFAS, INDICACIÓNS E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.

Localización. P.N. Monte Aloia
Lonxitude. 1,5km.
Data. 19 de xaneiro.
Idades. De 4 a 11 anos.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *