Faia Educación Ambiental

Paseos para adultas “Cores e olores dos nosos cogomelos!” (Iniciación) O Xabriña (Covelo), 1 de novembro

Un fascinante mundo de cores e formas, achégase; silencioso, propágase baixo da terra….Hifa-micelio-micorriza…Sobe entre as follas caducas e a lentura da terra. E velaí, por fin, o froito. Sombreiro-himenio-espora. A beleza se multiplica no bosquete.

Acó as andoas ghordechiñas, corpudas-repoludas. Son todo volume estes boletos! Acolá, as esguías zarrotas, pouco discretas no lameiro…
Como arrecende este sitio…A pexego? Ovo? Remexo o follato coa man e aparecen as cantarelas. A suave curvatura do pequecho cogomelo e o seu amarelo-ovo intenso zugan por un instante algúns dos meus sentidos.

Co dedo corazón, co dedo maimiño, bato lixeiramente no sombreiriño. O leve resorte, harmónico, aumenta a miña atención, prende o meu interese.

E andando o camiño, aparecen as amanitas pintas. Con estas…coidadiño!! Mais a mañá segue enchéndose de cor. Níscaros alaranxados, Ametistas violas, Netorras , Luras de monte , fungos dos lameiros!

A súas belezas reticuladas, cónicas, onduladas, deprimidas, lobuladas, fendidas, e a súa intensa fugacidade esténdense no outono, e enchen o nosos ambiente… de calidade.

INDICACIÓNS E TARIFAS, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.

LOCALIZACIÓN. Covelo
DATA. 1 de novembro.
LONXITUDE DO PASEO. 3 km.
HORA DE COMEZO. 10,30h.
HORA DE REMATE. 13,30h, aproximadamente
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
INSCRICIÓN

A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *