Paseíños para peques “Cores, arrecendos, tamaños e formas dos belos cogomelos!” 18 de outubro, Mondariz Balneario
Andando devagar esta mañá, o son das pólas que creban no chan mol, o silencio das árbores e as follas pigmentadas son un cadro de outono.
Bole o mundo macroinvertebrado e nel asoma a hifa, e silenciosa propágase baixo da terra; logo o micelio-xenerosa micorriza…sobe entre as follas caducas deitadas no chan e velaquí, por fin, o froito. Sombreiro-himenio-espora.
No chan unha cor viola intensa domina un grupo pequecho de fermosas ametistas, e deseguido, a luriña do monte branca e negra prende a miñá atención.
Neste sitio arrecende..aaa….pexego? A ovo? Remexo o follato coa man e aparecen…unhas cantarelas. A lene curvatura do pequecho cogomelo e a cor amarela intensa zugan por un instante algúns dos meus sentidos.
Velaí, as andoas, quen ghordechas-ghordechiñas gábanse do corpo de seu e así simbolizan os froitos dos fungos cogomelos.
E así é; estas belezas onduladas e deprimidas, lobuladas ou fendidas enchen as nosas vidas de sosego e o noso ambiente…..de calidade.
INDICACIÓNS E TARIFAS, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.








INDICACIÓNS
–LOCALIZACIÓN. Mondariz Balneario
–DATA. 18 de outubro.
–LONXITUDE DO PASEO. 2 km.
–HORA DE COMEZO. 10,30h.
–HORA DE REMATE. 13,15h, aproximadamente
NOTA.
-Äs persoíñas daráselles un pequeno caderniño para encher e pintar sobre os cogomelos. Poden levar lupas se as tiveren. Faia levará lupas de reposto.
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
–INSCRICIÓN A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

