Paseíños para peques. Cores e arrecendos dos belos cogomelos! 14 de novembro, (o Xabriña, Covelo)
Alaaaa! Como arrecende este sitio…A pexego? A ovo? Daquela, remexo o follato coa man e aparecen…unhas cantarelas! A lene curvatura do pequecho cogomelo e a cor amarela intensa zugan por un instante algúns dos meus sentidos.
Andando devagar, o son das pólas que creban no chan mol, a humidade, o silencio das árbores e as follas pigmentadas desta mañá son o meu cadro de outono.
Unha cor viola intensa domina un grupo pequecho de fermosas ametistas, e cuberta esta sedución, a luriña do monte branca e negra prende a miñá atención.
Velaí, as andoas, ghordechas-ghordechiñas-corpudas-repoludas. Gábanse moito do corpo de seu e así queren simbolizar os froitos dos fungos cogmelos.
Este mundo de cores e formas, silencioso, propágase baixo da terra…. Aí vai a hifa-logo o micelio-xenerosa micorriza…Sobe entre as follas caducas deitadas no chan e velaquí, por fin, o froito. Sombreiro-himenio-espora.
E así, estas belezas onduladas e deprimidas, lobuladas ou fendidas enchen o noso ambiente e as nosas vidas…de calidade.
INDICACIÓNS E TARIFAS, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.
INDICACIÓNS
–LOCALIZACIÓN. Covelo
–DATA. 14 de novembro.
–LONXITUDE DO PASEO. 2 km.
–HORA DE COMEZO. 10,30h.
–HORA DE REMATE. 13,15h, aproximadamente
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
–INSCRICIÓN[ninja_form id=29] A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.