Paseíños para peques “Cores e arrecendos dos belos cogomelos!” 13 de novembro (Mondariz Balneario)

Un fascinante mundo de cores e formas, achégase; silencioso, propágase baixo da terra….Hifa-micelio-micorriza…Sobe entre as follas caducas e a lentura da terra. E velaí, por fin, o froito. Sombreiro-himenio-espora.

A rentes do chan, remexo a follasca coa man e percibo a suave curvatura do pequecho cogomelo amarelo-ovo intenso. E co dedo corazón, co dedo maimiño, bato lixeiramente no seu sombreiriño. Sinto o leve resorte do níscaro, harmónico, e prende ben o meu interese.

Acó as andoas ghordechiñas, corpudas-repoludas. Ao seu carón, as ametistas violetas. Acolá, as esguías zarrotas, pouco discretas no lameiro…

Andando a mañá, as belezas reticuladas, deprimidas, lobuladas, enchen de cor o chan mol e de aromas, o noso ambiente.

INDICACIÓNS E TARIFAS, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.

 

Localización. Mondariz Balneario. As persoas anotadas recibirán información sobre o punto de encontro.
Lonxitude. 1,5km.
Data. 13 de novembro.
Idades. De 4 a 10 anos.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.
INSCRICIÓN[ninja_form id=50]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *