Paseíños para peques ‘Coñecendo os seres da Intermareal’ 25 de setembro, Redondela

[ninja_form id=]É domingo, baixa a maré.

Na Intermareal, na zona de retiro da auga, todo está en orde. A seba coloniza as someras augas salobres e as vistosas anémones de mar sitúanse próximas a ela. As actinias parecen flores nas poucas pozas de auga, mais difiren moito delas; outras aparecen contraídas tolerando a falta de auga.

Na zona alta, intensos amarelos e laranxas dos liques Xanthoria e Caloplaca. Os escuros da Verrucaria. Desde alí, ollamos sosegada á garza real e a carreira estrepitosa da garzota branca para se alimentar. Tamén voa a rentes da auga o bilurico bailón.

Os arneiróns minúsculos colonizan as rochas e as lapas sitúanse próximas ao Fucus spiralis.  Acolá, restos de bivalvos que farán parte xunto das micas da area da praia. E as pulguiñas da praia limpan os grans da area para que esta se volva lucidía, luminosa.

Mentres, arrecende a pirixel mariño, o noso fiúncho do mar..

Localización. Redondela.
Data. 25 de setembro.
Idades. De 4 a 10 anos.
Obxectivos. Descubrimento e coñecemento dos seres máis representativos da intermareal. Actinias, anémones, bivalvos, ascidias. As algas. Os liques asociados. A avifauna.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h.
INSCRICIÓN[ninja_form id=46]
Tamén podes facela no correo-e info@faia.gl ou ligando para o 686998706

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *