Paseíños para peques. “Coas chuvias da primavera…volven os fermosos e delicados anfibios!” 2 de abril, Monte Aloia

A mañá fresca, húmida. O rego, limpo, caneaba seixos e croios e, caíndo polas fervenzas pequenas, cantaruxaba moitas cancións.
Escoitábaas o espiñento e observaba a pintega rabilonga, paralisada enriba da pena. Non moi afastada, na beira, a ra dos regos, moi alerta, albiscaba ao seu redor a súa vida, a auga e a terra,
E chegaba a auga ao remanso. Ancorábase. Un mundo de vida. Tomaba as augas alí o limpafontes común, gran nadador; a ra verde, pouco discreta, estaba encantada…e velaí o macho a croar e croar… Os cágados, repoludos e chaparros, movían ritmicamente as súas caudas….

Freixos, amieiros, abelairas, salgueiros.
Fentas, dentabrús, esfagnos
Auga

Máis información ao remate das fotografías

Indicacións
-Localización. Parque Natural do Monte Aloia.
-Data. Domingo, 2 de abril
-Lonxitude do paseo. 3km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-12 anos.
-Obxectivos. Descubrimento e coñecemento dos anfibios, o seu ecosistema. Ameazas.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 10€.
  • Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 14€
  • Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 17€
  • No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 4€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia dará un caderno que deberán traballar as unidades de convivencia. Levade bolígrafo, lapis e lapis de cores.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará