Paseíños para peques “As vidas miúdas dos nosos bosques” Parque Natural do Monte Aloia (18 de maio)

Eiruga, casulo, crisálida. Entón, a fermosa imago rompe a crisálida e o medio natural vibra cun novo ser. Elegantes bolboretas de voo nervoso. Vanesas, pavóns, ícaros…

Seres de pel húmida e respiración complexa. Cores aposemáticas, testemuños das eras pretéritas da evolución. Velaí, limpafontes, píntegas, ras,..

Grandes libeliñas de voo ruidoso. Esveltos cabaliños do demo con voo tremente. Gaiteiros, donceliñas, tizóns,…

Liques con pigmentos intensos. Amarelos, pardos, vermellos, verdes. Cladonias, Evernias,..

Flores de cores. Sépalos, pétalos. Estames e xineceos. Xeranios, abrairas, arenarias,…

Escaravellos equilibristas pendurados da póla. Repoludos abellóns que aniñan nos noiros dos camiños.

Velaquí, “As vidas miudiñas dos nosos bosques”. Patrimonio natural, diferente, singular, abraiante.

Máis indicacións, ao remate das fotografías


 

INDICACIÓNS
Localización. P.N. Monte Aloia
Lonxitude. 1,5km.
Data. 18 de maio.
Idades. De 4 a 11 anos.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *