Paseíños para peques. “As flores, cores. As flores, formas. As flores, tamaños. Olores as flores!” 19 de marzo, As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, Budiño (O Porriño)

Lupa en man, e a ollarmos minuciosamente a flor.

As flores

PanqueixoEstigma-estilete. Narciso triandrus. Sépalo-cáliz. Ranúnculo. Antera-pole. Amarelle. Pétalo-corola. Xacinto bravo. Óvulo-semente. Anémone. Ovario-froito. Escila. Tepalo-coroa. Corocha. Pétalos libres-unidos

As flores, cores. As flores, formas. As flores, tamaños. Olores as flores.

Flores, flores!

Anímaste?

Máis indicacións ao remate das fotografías.

Indicacións
-Localización. Budiño, O Porriño.
-Data. Domingo, 19 de marzo.
-Lonxitude do paseo. 3,5km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-12 anos.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización, os cadernos e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia. 1 menor mais 2 pesoas adultas, 10€.
  • Unidade de convivencia. 2 menores mais 2 persoas adultas, 14€
  • Unidade de convivencia. 3 menores mais 2 persoas adultas, 17€
  • No caso de que a unidade de convivencia supere o número de adultas (2) a terceira persoa adulta tarifará 4€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia repartirá pequenos cadernos que poderán traballar as unidades de convivencia durante o percorrido e nas súas casas.
-Tamén levaremos lupas para a observación das partes das flores ou de calquera continxencia que apareza. Quen teña lupa propia, pode levala. As lupas son fundamentais para o coñecemento da flor.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *