“Paseíños para peques. As cativas e cativos coas aves limícolas e costeiras”. A Ramallosa, Nigrán, 24 de xaneiro

Na Ramallosa, a elegante e solitaria garzota de dedas amarelas e patas negras pesca tras remexer o chan. Fermosa. Fixádevos como aquela máis pequena axita as algas, sacode as pedras, as cunchas,.. como se chama, como se chama….ahhh, o virapedras arlequín!!!
E a gaivota patiamarela? Tan coñecida mais pouco sabemos dos seus sons, acenos; non credes que unha ave tan atractiva merece un pouco máis de atención?
Agora observamos a garza real, inmóbil entre a vexetación. Esvelta, ao nos escoitar levanta o voo lento e maxestoso, grande. E por aquel lado, a galiña de río e o seu inconfundíbel escudete vermello.
E vistes os peteiros desorbitados daquelas aves? Rectos, curvos, finos, grosos,..; píllaras, pilros, gabitas, biluricos e mazaricos dan conta do banquete no lodo..
Alí, alí, na auga vexo corvos mariños, mergulladores profesionais…buscan comida, o rico bolo…

En fin, para non perdermos detalle e gozarmos das aves, das volátiles aves…alí, na Ramallosa..


Indicacións
-Localización. A Ramallosa (Nigrán)
-Data. Domingo, 24 de xaneiro.
-Lonxitude do paseo. 3km. A distancia será menor en función dos avistamentos de aves que fagan as cativas.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4/5-12 anos.
-Obxectivos. Recoñecemento dalgunhas especies de aves limícolas e costeiras (morfoloxía, comportamentos), Percepción do ecosistema, lecer.
-Recursos. -Faia levará material para as observacións de aves mais se tiverdes na casa, levade prismáticos, así como caderno e bolígrafo.
-Punto de encontro. Aparcadoiros da rotonda da Ramallosa.
-Hora de comezo. 10,15h.
-Hora de remate. 13h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia dunha menor mais nai/ pai ou titora legal, 7€.
  • Unidade de convivencia de dúas menoes mais nai/ pai ou titora legal, 12€
  • Unidade de convivencia de tres menores mais nai/ pai ou titora legal, 16€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 68699870

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *