Paseíños para peques. “As bolboretas e outros seres diminutos!” P.N. Monte Aloia, 5 de xuño

Velaquí, “o grandioso mundo dos insectos”.

Aquel que non é evidente para nós e que pasa… desapercibido…En cambio é un mundo de cores tan vibrante!, con formas, costumes, hábitats, alimentación… diferente, estraño, abraiante..
E así, con Paula, aprenderemos as diferentes fases polas que pasan -a metamorfose-, a morfoloxía das bolboretas diúrnas e nocturnas, a contribución ao seu coidado, a valorización do noso patrimonio natural, a súa cría,..

Pequechas e pequechos…
e non tanto…
entrades, entramos….no marabilloso mundo dos seres diminutos!

Máis indicacións ao remate das fotografías


SáIndicacións
-Localización. Parque Natural do Monte Aloia.
-Data. Domingo, 5 de xuño.
-Lonxitude do paseo. 3km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-12 anos.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.

  • Unidade de convivencia. 1 menor mais 2 pesoas adultas, 7€.
  • Unidade de convivencia. 2 menores mais 2 persoas adultas, 12€
  • Unidade de convivencia. 3 menores mais 2 persoas adultas, 16€
  • No caso de que a unidade de convivencia supere o número de adultas (2) a terceira persoa adulta tarifará 4€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Levade caderno e bolígrafo. Faia dará unhas fichas sobre as bolboretas que deberán traballar as unidades de convivencia.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *