“Paseíños para peques. As aves limícolas e costeiras”. A Ramallosa, Rede Natura. 28 de febreiro
Área intermareal da Ramallosa.
As desembocaduras dos ríos Miñor, da Groba e Guillade fan parte deste espazo natural fecundo aínda que comprimido pola presión urbana.
A frecha litoral, a foz, as marismas ou sapais, conceptos que as máis cativas escoitarán e empezarán a percibir, son o soporte dunha flora singular, sustento dunha avifauna diversa, agocho de moluscos, crustáceos e equinodermos.
Acó, a elegante e solitaria garzota de dedas amarelas e patas negras pesca tras remexer o chan. O virapedras arlequín axita algas, sacode pedras, cunchas,..; quere comer.
A gaivota patiamarela, tan coñecida e, por común, desapercibida, é, toda ela, sons, acenos; non credes que unha ave tan atractiva merece un pouco máis de atención?
A medosa garza real, inmóbil entre a vexetación. A galiña de río e o seu inconfundíbel escudete vermello.
Vistes os peteiros desorbitados daquelas aves? Rectos, curvos, finos, grosos,..; píllaras, pilros, gabitas, biluricos e mazaricos dan conta do banquete no lodo..
En fin, para non perdermos detalle..
Indicacións
–Localización. A Ramallosa (Nigrán, Baiona)
–Data. Sábado, 28 de febreiro.
–Lonxitude do paseo. 3,5km. A distancia será menor en función dos avistamentos de aves que fagan as cativas.
–Dificultade. Baixa.
–Idades. 5-12 anos.
–Obxectivos. Percepción do ecosistema., recoñecemento dalgunhas especies de aves limícolas e costeiras (morfoloxía, comportamentos), lecer.
—Punto de encontro. Aparcadoiros da rotonda da Ramallosa.
–Hora de comezo. 16,30h.
–Hora de remate. 19h, aproximadamente.
–Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.
- Unidade de convivencia dunha menor mais nai/ pai ou titora legal, 7€.
- Unidade de convivencia de dúas menores mais nai/ pai ou titora legal, 11€
- Unidade de convivencia de tres menores mais nai/ pai ou titora legal, 15€
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia levará material para as observacións de aves mais se tiverdes na casa, levade prismáticos, así como caderno e bolígrafo.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.
-Data límite de inscrición, 28 de febreiro.