Paseíños para peques “As aves limícolas e costeiras” 13 de abril (A Ramallosa, Nigrán)
“Na Ramallosa, a elegante e solitaria garzota de dedas amarelas e patas negras pesca tras remexer o chan. Aquela máis pequena, axita as algas, sacode as pedras, as cunchas,..chamábase, chamábase….o virapedras arlequín!!!
E a gaivota patiamarela? Tan coñecida mais pouco sabemos dos seus sons, acenos; non credes que unha ave tan atractiva merece un pouco máis de atención?
Agora observamos a garza real, inmóbil entre a vexetación. Esvelta, ao nos escoitar levanta o voo lento e maxestoso, grande. E por aquel lado, a galiña de río e o seu inconfundíbel escudete vermello.
E vistes os peteiros desorbitados daquelas aves? Rectos, curvos, finos, grosos,..; píllaras, pilros, biluricos e mazaricos dan conta do banquete no limo.
E máis adiante, os mergulladores profesionais, os corvos mariños,…buscan comida, o rico bolo…”
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.
INDICACIÓNS
–Localización. A Ramallosa (Nigrán)
–Data. Domingo, 13 de abril.
–Lonxitude. 2km.
–Dificultade. Baixa.
–Idades. 4 a 11 anos.
-Hora de comezo. 10,15h.
-Hora de remate. 13h, aproximadamente.
–Recursos. -Faia levará material para as observacións de aves mais se tiverdes na casa, levade prismáticos, así como caderno e bolígrafo.
INSCRICIÓN