Paseíños para peques. “As árbores do bosque se visten de novo!…Descubrindo as nosas árbores” O Xabriña (Paraños, Covelo), 30 de abril

É primavera no fermoso Xabriña.

Tras a floración, agroman os froitos. As nosas árbores alimentan o seu medre e as novas follas, paseniño, van tomando cadansúa forma, con cores vibrantes cando novas, que se apagan co paso dos meses…Prepáranse para caducar.

Sanguiños, carballos, abelairas, castiñeiros

Amieiros, bidueiros, freixos….

Con dentabrús, fentas e hipéricos na ribeira, xilbarbeira

Follas cordadas, enteiras, ovadas, serradas, dentadas, lanceoladas, crenadas…

Cortizas suberosas, fibrosas, fendidas, lisas, escamosas,….

E pardas, brancas, grisallas, cinsentas, negras.

Ás árbores. A nosa vida…

 

 

 

 

Indicacións
-Localización. O Xabriña (Covelo).
-Data. Domingo, 30 de abril.
-Lonxitude do paseo. 2,5km.
-Dificultade. Baixa.
-Idades. 4-12 anos.
-Obxectivos. Descubrimento das árbores a partir das súas follas, da súa cortiza e do seu porte. O amieiro, o bidueiro, a xilbarbeira, o carballo atlántico, a abelaira, o sanguiño,
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
-Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil. Faia dará un pequeno caderno sobre as árbores que deberán traballar as unidades de convivencia. Levade bolígrafo, lapis e lapis de cores.

  • Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 10€.
  • Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 14€
  • Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 17€
  • No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 4€

-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *