Paseíños para peques ‘Aí vén o maio de flores cuberto’ 15 de maio, (Senda da auga, Redondela)
Que contente está Deméter! Xa volve Perséfone!
E mentres ela sobe, a mamá relouca de ledicia. Entón, xa a seiva gabea polas plantas e agasalla á terra cun manto de xestas, arenarias e orxabáns; escilas e pampullos; flores do sabugueiro, borraxas, carpazas, chorimas, estalotes, estelarias…
Anímaste?
A INSCRICIÓN, logo da fotografía
INDICACIÓNS
–Idades das persoíñas. 4 a 11 anos.
–Lonxitude do paseo. 2km.
–Dificultade. Baixa.
–Hora de comezo. 10,30h.
–Hora de remate. 13,15h.
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia dará un pequeno caderno que deberán traballar as unidades de convivencia.INSCRICIÓN[ninja_form id=38]Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou a través do correo-e info@faia.gl