Paseíños para peques “As vidas pequechiñas dos nosos bosques” 17 de maio, Parque Natural do Monte Aloia
O que é lindo e adoita pasar desapercibido…
Eiruga, casulo, crisálida. Entón, a fermosa imago rompe a crisálida e o medio natural vibra cun novo ser. Elegantes bolboretas de voo nervoso. Vanesas, pavóns, ícaros…
Anfibios de pel húmida e respiración complexa. Cores aposemáticas, testemuños das eras pretéritas da evolución. Velaí, limpafontes, píntegas, ras,..
Grandes libeliñas de voo ruidoso. Esveltos cabaliños do demo con voo tremente. Gaiteiros, donceliñas, tizóns,…
Liques con pigmentos intensos. Amarelos, pardos, vermellos, verdes. Cladonias, Evernias,..
Flores de cores. Sépalos, pétalos. Estames e xineceos. Xeranios, abrairas, arenarias,…
Escaravellos equilibristas pendurados da póla. Repoludos abellóns que aniñan nos noiros dos camiños.
Velaquí, “As vidas miudiñas dos nosos bosques”. Patrimonio natural, diferente, singular, abraiante.
Máis indicacións, ao remate das fotografías












INDICACIÓNS
–Localización. P.N. Monte Aloia
–Lonxitude. 1,5km.
–Data. 18 de maio.
–Idades. De 4 a 11 anos.
–Hora de comezo. 10,30h.
–Hora de remate. 13,15h.
-Darase un caderniño ás persoíñas sobre a vida miúda para que o vaian cubrindo. Deben levar lapis, lapis de cores e se tiveren, algunha lupa. Faia tamén levará lupas.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.

