Paseíños para peques.”A vida miúda. As bolboretas e outros seres fantásticos!” 28 de maio. O Miño (Tui)
Eclosionan os ovos que deixa na planta nutricia. Así, a eiruga vai comendo os talos tenros, as follas, até que decide buscar un lugar resgardado, abrigado. Aí, constrúe o seu casulo, a súa casiña. Aparece a crisálida. Non come nada, cambia; desenvolve as patiñas e as ás; cabeza, tórax, abdome.
E un día, no que as condicións son as xustas, a bolboreta formada, a fermosa imago rompe a crisálida e o medio natural vibra cun novo ser.
Máis información, logo das fotografías.
Indicacións
–Localización. Río Miño (Caldelas de Tui).
–Data. Domingo, 28 de maio
–Lonxitude do paseo. 2km.
–Dificultade. Baixa.
–Idades. 4-12 anos.
–Obxectivos. Descubrimento e coñecemento dos insectos (libeliñas, bolboretas, chinches, saltóns, xoaniñas, abellas, cabaliños do demo,..)
–Hora de comezo. 10,30h.
–Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
–Tarifa. Establécese por unidade de convivencia. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.
- Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 10€.
- Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 14€
- Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 17€
- No caso de se superar o número de adultas (2) a tarifa pola terceira persoa adulta é 4€
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia dará un caderno que deberán traballar as unidades de convivencia. Levade bolígrafo, lapis e lapis de cores.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambient