Paseíños para adultas. “O marabilloso mundo dos seres miudiños! Libeliñas, escaravellos, saltóns, abellóns, xoaniñas…” Río Miño, Tui, 7 de maio

Simpáticos gurgullos de corpo deprimido, escaravellos equilibristas pendurados da póla, gordechiñas e bonitiñas xoaniñas. Repoludos abellóns que aniñan nos noiros dos camiños.

Avespas, avespas…afanosas e laboriosas formigas en ringleiras….

Chinches, grilos e saltóns. Elegantes bolboretas de voo nervoso.

Tamén a este mundo chegaron as bioinvasións. Escaravello da pataca, avespa velutina, o picudo

Como os distinguimos? Benefíciannos moito? Pouco? Son moitos e diversos?

Formas, costumes, hábitats, alimentación, metamorfoses, cría, predadores,..

Por que non aprecialos? Hai leis que os protexen? Como os clasificamos?

Velaquí, “o grandioso mundo dos seres miudiños”. Patrimonio natural, diferente, extraño, abraiante.

Máis indicacións, ao remate das fotografías

Indicacións
Localización. Río Miño (Tui)
Data. Domingo, 7 de maio.
Lonxitude do paseo. 3km.
Dificultade. Baixa.
Idades. A actividade, dados os contidos, diríxese a persoas adultas. Poden vir acompañadas de menores.
Tarifa. 10€. A tarifa inclúe a preparación e a monitorización da actividade, un sinxelo caderno de traballo (levade bolígrafo) e o seguro de responsabilidade civil.
Menores de 10 anos, de balde.
Maiores de 10 anos até 17 anos, 5€.
Obxectivos. Descubrimento e coñecemento de insectos. Os seus ecosistemas. Ameazas. Bioinvasións.
Hora de comezo. 10,15h.
Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *