Paseíños para adultas “É tempo de San Xoán. As plantas do Solsticio de verán. O lume e a auga.” 22 de xuño (O Porriño)

Na antesala do Solsticio de Verán, na contorna fermosa, as plantas medran ventureiras e contentes…
Revélansenos a matricaria, o tormentelo, a politaina, os seoanes, os poexos, o orxabán, a malva, a néboda, a madroa, o fiúncho, o helicriso, o ourego, a abeloura, o trovisco, os estalotes, a camomila, o hortelán, a borraxa,…
E na noitiña, toda protección é pouca ante os seres preternaturais. E manifestámonos co cacho e o ramallete, coas cinzas da cacharela, cos ensalmos e o lume,…

NOTA. Quen queira apañar algunhas plantas do solsticio, debe traer un cesto e unhas tesoiras.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.

INDICACIÓNS
-Lonxitude do paseo. 4,5km.
-Dificultade. Baixa.
-Hora de comezo. 10,30h.
-Hora de remate. 13,15h, aproximadamente.
INSCRICIÓN

-Tamén podes facer a inscrición en info@faia.gl ou ligando para o teléfono 686998706. A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental nun prazo máximo de 24h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *