Paseíño para peques “Cores e olores dos nosos cogomelos!”20 de outubro (O Xabriña, Covelo)

Alaaaa! Como arrecende este sitio…A pexego? A ovo? Daquela, remexo o follato coa man e aparecen…unhas cantarelas! A lene curvatura do pequecho cogomelo e a cor amarela intensa zugan por un instante algúns dos meus sentidos.
Agora, unha cor viola intensa domina un grupo pequecho de fermosas ametistas, e logo, a luriña do monte, branca e negra, prende a miña atención.
Baixo o carballo, as andoas corpudas-repoludas gábanse moito do corpo de seu e así simbolizan aos fungos cogomelos.
Este mundo de cores e formas, silencioso, propágase baixo da terra…. Aí vai a hifa. Logo o micelio. E por fin, a xenerosa micorriza sobe entre as follas caducas deitadas no chan. Velaquí, o señor froito: sombreiro-himenio-espora.
E así, estas belezas onduladas e deprimidas, lobuladas ou fendidas enchen o noso ambiente e as nosas vidas…de calidade.

INDICACIÓNS E TARIFAS, LOGO DAS FOTOGRAFÍAS.

INDICACIÓNS
Localización. O Xabriña (Covelo). As persoas anotadas recibirán información sobre o punto de encontro.
Lonxitude. 1,5km.
Data. 20 de outubro.
Idades das persoíñas. De 4 a 12 anos.
Hora de comezo. 10,30h.
Hora de remate. 13,15h.
NOTAS. As persoíñas deberán traer un pequeno caderno e lapis de cores.
-O pagamento realízase ao inicio da actividade.
-Sortearemos entre as familias os cogomelos apañados.
INSCRICIÓN

Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl . A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *