Parque Nacional Peneda-Gerês. 20 e 21 de xullo

Estremando co Xurés e conformado por catro serras -Amarela, Gerês, Soajo, Peneda-, e dous planaltos -Mourela e Castro Laboreiro-, o Parque Nacional Peneda-Gerês presenta unha xeografía variada a descubrirmos. Así, relevos esgrevios e sinuosos, afloramentos graníticos impoñentes, vales vizosos, ambientes de ribeira vertebrados polos ríos Lima, Cávado ou Homem, masas boscosas propias en Cabril, Gerês ou Ramiscal.

Mais a presenza humana é palpábel pois as matogueiras, produto da intervención humana para a obtención de pastos, ocupan as maiores extensións do parque e o ambiente rural, a través dos espigueiros, socalcos e brandas, síntese no territorio.
O megalitismo, a cultura castrexa, a ocupación romana, ou o medievo presentan exemplos notorios e belos na forma de petróglifos, mámoas, antas, castros, calzadas ou castelos.

Un medio e unha historia que nos aproximan ao norte de Portugal.

Anímaste?

Preme no programa



Máis indicacións.

-A tarifa é  59€ por persoa.
-O prezo inclúe a cea do sábado, a hospedaxe do sábado, o almorzo do domingo, as monitorizacións, visitas guiadas e preparación do programa.
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas, unha tarifará 49€. Asemade, as menores de 12 anos, acompañadas de nai, pai ou titora legal, tarifarán, tamén, 49€.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal- , a menor tarifará 49€.
-Límite da inscrición, 35 persoas.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes ligar para o 686998706.
-A inscrición supón o pagamento de 15€ da reserva que se descontará do total da tarifa; o ingreso farase no nº da conta 2080 0524 81 3000027868 (Marcelo Rodríguez). Deberán aparecer o nome e os apelidos e o concepto “Viaxe a Peneda”.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-A empresa dispón de seguro de responsabilidade civil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *