Parque Nacional de Monfragüe. Imaxes.

-Cando remate esta baixada, colledes o camiño da esquerda e aparece unha subida duns 500m! -di Marcelo na ruta do Castillo de Monfragüe-
-Os camiños da esquerda sempre son os máis duros… -reflexiona Mar paseniño, en voz baixa-

Así comezamos. Unha acostúmase ao grupo e tómalle cariño.
Sobre o visto e vivido aparecen estas palabras.



O río Texo,  o Tiétar, o arroio Malvecino. A ponte do Cardeal, os chozos ou a historia de Monfragüe.

Aparece o voitre branco no Castillo de Monfragüe; na Tajadilla, Bob sinálao. Algunhas viron a tartarana arpella comendo peixe.

E Paz avisa en Peñafalcón: -O voitre negro!
Que cousa máis grande!  E, deseguido, anuncian o voo da cegoña negra…; que linda e que escasa!.

A aciñeira, a sobreira, a oliveira brava ou acebuche; e o lentisco descúbreo Andrés.

No bosque húmido, o arce de Montpellier, para nós unha rareza. E o durillo, o caxigo, a cornicabra,


A olivilla ou labiérnago, o trovisco; os narcisos semellaban o xardín do castelo.

O tempo respectou o primeiro paseo; até tiñamos calor!

A dehesa, ecosistema agro-silvo-pastoral; esa combinación de aciñeira, sobreira (leña, landras), pasteiro, matogueira e gando.

As boas explicacións no Centro de Interpretación do Parque Nacional clarexáronnos moitas cousas..

Aparecía o cervo e todas petrificadas ollándoo. Que terán os cervos que nos deixan inmóbiles e nos acougan!

Quizais a mestura de fortaleza, delicadeza, beleza.

O voitre leonado non falla; é espectacular, un pracer recibilo, observalo.

O bosque de ribeira mediterráneo, un dos poucos enclaves caducifolios; amieiro, salgueiro, freixo. Foi un paseo delicioso. Acolá, máis voitre negro, máis cervos no Cerro Gimio.

O porco ibérico na dehesa e os seus cruzamentos, a nutritiva landra da aciñeira.

Os produtos ibéricos, os doces de Pilar, a voz de Harold.

As andoriñas comúns, as andoriñas do cu branco. Outra rareza, a ra meridional, semellante á estroza ou ra de santo antón.

A eucaliptización que non foi adiante, afortunadamente. Canto custa recuperar o que se estraga en pouco tempo!

O singular lodoeiro (cast. almez) na primeira ruta, o Castillo de Monfragüe e a fronteira entre o mundo árabe e o cristián.

A arzaia, o bosque húmido mediterráneo, a esteva, o arrecendo a flor no ambiente, as cortadas de cuarcita.

En Plasencia, un paseo; a catedral, os palacios, a rúa, o xantar.


Poucas cerdeiras en flor no Jerte. Mágoa! Réstalles un pouco de tempo. E achegámonos á Reserva Natural de la Garganta de los Infiernos.

Rebolos, granito, erosión fluvial, marmitas,..

Até máis ver!

5 thoughts on “Parque Nacional de Monfragüe. Imaxes.

  1. Coma sempre, unha marabilla de visita por terras de Monfragüe.O que vimos, o que camiñamos, o que desfrutamos…superou con moito as miñas expectativas.Parabéns a Faia!

  2. Dende logo a cantidade de choiva aportou unha cor e vitalidade extra tanto na vexetación como na fauna. O programa da saída foi moi completo e concentrado, aínda así houbo tempo para momentos especiais. Parabéns.

  3. Sencillamente maravilloso. Utilizamos todos los sentidos para profundizar un poco en este magnífico paraje que es Monfragüe. Enhorabuena Marcelo, como siempre, la organización ha sido excepcional. Ha sido un placer volver a realizar otra salida contigo. Los niños maravillados, ya están pensando en la próxima…

  4. Fue,sorprendentemente diferente, me encanto,ojala tuviesemos ei privilegio de disfrutar de mas entornos como Monfrague y todo su entorno,mi enhorabuena por facilitarnos el disfrute de la natuealeza y la historia e identidad de sus pueblos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *