“Pan para peques. Facendo o noso pan con masa nai!” Chicoria Ultramarinos (O Porriño), 20 de maio

E así será que entre fariñas biolóxicas, auga e masa nai irásenos a tarde do 20 de maio.

O obradoiro comprende a elaboración por parte da peque ou do peque dunha bola de pan preparada para que a súa nai ou pai a enfornen na súa casa (bola de 500 gr.) mais tamén haberá tempo para elaborar piruletas, trenzas e figuras de pan, tamén preparadas para enfornar.

Aprenderán a amasar e a sentiren a textura do amasado e da masa nai; coñecerán os diversos ingredientes e as súas combinacións e, probabelmente, nós aprenderemos observando o seu traballo.

Anímádesvos?

Máis información no remate das fotografías

Indicacións

Duración. 18h a 20,30h
Tarifa. 17€O pagamento farase no comezo do obradoiro. A tarifa inclúe a monitorización, as fariñas biolóxicas, as sementes, os fermentos e o seguro de responsabilidade civil. As persoas participantes, levarán o seu pan preparado para enfornar e tamén as figuras que preparen.
Localización. Chicoria Ultramarinos (Tenda de produtos sustentábeis, O Porriño).
-Punto de encontro. Ás 17,45h na Praza do Concello.
-As persoas pequenas deberán traer un cunco de cristal (pode ser de aceiro ou plástico groso) de 30 cm de diámetro, aproximadamente, dous panos de cociña, unha culler longa de madeira e un mandil.
-Formaliza a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706. A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *