“Outono no Parque Natural do Invernadoiro e Serra da Queixa. O fascinante Macizo Central Galego” 28, 29, 30 de outubro

Atopámonos nun extenso sistema montañoso, complexo, variado, do Noroeste Ibérico.

Bosques, Vales. Montañas singulares.

Reboleiras puras e mestas, penduradas sobre canóns profundos, verticais. Montañas alombadas contrastan con cumios elevados e picos fracturados pola oroxenia alpina. Soutos centenarios e monumentos naturais. Ríos montanos corren áxiles desde as nacentes. Fermosos queirogais húmidos atlánticos. A paisaxe de montaña engalánase cos prados de sega e as escasas formacións herbosas naturais. Non faltan as carballeiras galaico-portuguesas, os bosquetes montanos de bidueiros e acivros, os extensos, fermosos e curvosos vales glaciares extintos, as limitadas depresións turbosas, no Invernadoiro, rebezos, corzos…

Entre todos os ambientes deste vasto territorio, hai elos, unións que nos permiten entender o territorio…queres descubrilos? Anímaste?

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA, A HOSPEDAXE E A RESERVA

Indicacións sobre tarifas e inscrición, ao remate destas fotografías.

Máis indicacións

-A tarifa é 89€ por persoa.
-Na unidade de convivencia de 2 persoas -menor e titora legal-, a menor tarifará 79€.
-Na unidade de convivencia de 3 persoas, cunha menor a cargo, a menor tarifará 79€.
-Na unidade de convivencia de 4 persoas, con dúas menores a cargo, as menores tarifarán 79€.
-O prezo inclúe a hospedaxe do venres e sábado no Albergue de 3 estrelas, Cipri Gomes (Viana do Bolo), os almorzos do sábado e domingo, o xantar volante/picnic do sábado e do domingo, a cea do sábado, as visitas guiadas, as monitorizacións das rutas, preparación do programa e o seguro de responsabilidade civil.
-A inscrición require confirmación por parte de Faia.
-O transporte se realizará en coches que deberán ir completos.
-Podes demandar máis información ou formalizar a túa inscrición neste formulario. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará