Outono no ‘Parque Natural de Somiedo, Parque Natural Babia-Luna e Bosques de Omaña’

Sen o querer, atendinme. Sempre a mochila, cargada de tristura, que de tan persistente e constante semella que no podo vivir sen ela.
Deixo atrás a simetría de casas e rúas, de eidos traballados e sebes inmutábeis. Pola verea, a terra negra, solta, cuberta polo follato; o chan mol.
Acompáñame o murmurio do río, e o vento lene, suave, deitase fuxidío na miña cara e nos meus brazos. O camiño desdebúxase paseniño. Onde ir? Agora sei que non era importante a pregunta. Cíngueme un lugar fermoso.
Convídame a vivir a envolvente das abelairas retortas á beira do río, e alí no escenario tranquilo, sorpréndenme ver a escasa menta branca; tamén aparecen o acónito, a luzula. Abeledos próximos á vida das persoas.
O paso de tempo transpórtame a un chan enchido de briófitas, hepáticas e euforbias. Arandeiras. Capudres acó e acolá. Algún acivro. Algunha uz branca. E enriba das especies, dando acubillo e forma a esta estampa, protexendo, os elegantes bidueiros, as caducifolias do frío, da humidade e solos ácidos.
E o solo persiste e o espazo ábrese. No alto, as xanzás e os xenebreiros perimetran unha nova envolvente aberta e espida, que relata a abundancia da uz das turbeiras, a orballiña salferida entre licopodios.
E alí, na depresión glaciar, envólveme o meu derradeiro bocado de acougo.

ANÍMASTE?

A INSCRICIÓN, logo das fotografías

[ninja_form id=]

Tamén podes facer a inscrición enviando un correo-e a info@faia.gl, ou, se tes dúbidas, ligando para o teléfono 686998706.
-A inscrición debe ser confirmada por Faia Educación Ambiental.
-O transporte realizarase en coches. Priorizaremos, se for posíbel, na viaxe, os monovolumes, furgonetas e coches con certa capacidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *