Paseíños para peques “Os pigmentados cogomelos”, 21 de outubro, Mondariz Balneario
Obxectivo
Iniciación ao coñecemento dos cogomelos.
Contidos.
-Textura, cores, formas e tamaño dos cogomelos.
-Exercicio das esporas.
-Cantiga dos cogomelos.
Máis información, logo das fotografías
-LOCALIZACIÓN. Mondariz Balneario
-DATA. 21 de outubro.
-LONXITUDE DO PERCORRIDO. 2 km
-DIFICULTADE. Baixa.
-PUNTO DE ENCONTRO. Ás 10,15h nos Xardíns do Gran Hotel. Desde alí, dirixirémonos ao comezo da actividade.
-HORA DE COMEZO. 10,30h.
-HORA DE REMATE. 13h, aproximadamente.
-TARIFA.
POR UNIDADE DE CONVIVENCIA. É necesaria a presenza da nai, pai ou titora legal así como a súa participación na actividade. A tarifa inclúe a monitorización e o seguro de responsabilidade civil.
- Unidade de convivencia. 1 menor mais nai e/ou pai ou titora legal, 10€.
- Unidade de convivencia. 2 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 15€
- Unidade de convivencia. 3 menores mais nai e/ou pai ou titora legal, 17€
-O pagamento efectúase no comezo da actividade.
-Faia dará un caderno que deberán traballar as unidades de convivencia. Levade bolígrafo, lapis e lapis de cores. Quen teña lupa, pode traela; Faia levará algunhas.
-Formaliza a túa inscrición neste FORMULARIO. Deixa un teléfono de contacto. Tamén podes facela ligando para o 686998706 ou en info@faia.gl A inscrición require confirmación por parte de Faia Educación Ambiental.
-As menores de 12 anos deben vir acompañadas por unha adulta.
-As menores de idade, se viren soas, deberán traer un documento que acredite a autorización de nai, pai ou titora legal.