Outono de 2012. O Courel.

Non lembro o lugar onde aconteceu. Achegabámonos á cerna do Courel. Durante a viaxe, entre fala, silencios e ledicia, o tempo transcorría pracenteiramente. Nun intre, percibimos unha sensación estraña. Ficamos caladas. Tampouco non lembro ese momento. Seica baixamos do coche sen dicirmos ren.



Foi na empardecida.
O ar arrefriou e encheunos; as frondas envolvéronnos e a lentura da terra sedounos.
Diante de nós desfilaban  imaxes. Unha moura peiteábase e persuadíanos teimudamente para nos levar ao seu val. Na nevarada, un grande carboeiro, tocáballe a barriguiña ás cativas e deixáballes castañas. O oso e a aguia bisbábannos sedutoramente no ouvido; querían volver ao lugar de nacenza.
Presentiamos o ar do lobo; e dábanos alento! No Monte Cido, homes e mulleres rexas defendían o seu territorio e preparaban a súa noite máis triste…
De socato, todo desapareceu. O abraio reflectíase nas nosas facianas. Non sabemos canto tempo estivemos así.
Ollámonos pequechas, moi pequechas, en tan vasto territorio; mais descubrimos a nosa dimensión neste mundo.

Velaquí o programa

Indicacións.

-As datas son os días 26, 27 e 28 de outubro.
-As prazas cóbrense por orde de inscrición.
-O número de prazas está limitado a 30 persoas.
-A tarifa é 79€ por persoa. Inclúe a hospedaxe de dúas noites, a cea do sábado, a preparación do programa e as monitorizacións.
-As menores de 12 anos tarifan 67€.
-Na unidade de convivencia de 3 ou máis persoas que non foren menores de 12 anos, unha tarifará 67€.
-Logo da inscrición, é obriga o pagamento de 18€ que se restará ao còmputo total.
-Formaliza a túa inscrición no teléfono 686998706. Tamén podes facela a través da icona de contacto do ángulo superior dereito ou remitir un correo electrónico a info@faia.gl. Deixa un teléfono de contacto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *